HPC4.0 CFD
Simulación CFD acelerada por HPC para o deseño de autoclaves de esterilización na industria conserveira.
Financiamento: FF4EuroHPC, EU-H2020 / EuroHPC JU.
Obxectivo: desenvolver unha ferramenta de simulación CFD (OpenFOAM) executada sobre infraestrutura HPC para o deseño térmico de autoclaves de esterilización, reducindo o tempo de simulación de 3-5 horas a 5-15 minutos, permitindo explorar máis opcións de deseño antes da fabricación e reducindo consumo enerxético e emisións de CO₂.
Socios: TACORE (usuario final, fabricante de autoclaves), SDEA Solutions (desenvolvemento software), ANFACO-CECOPESCA (experto tecnolóxico), CESGA (provedor HPC) e a Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto (experto de dominio).